28
Trátase dunha campaña posta en marcha polo Concello de Malpica de Bergantiños. Baixo o nome «Merca Local no Nadal», un total de 81 comercios e hostaleiros do municipio participan nesta iniciativa que ten como obxectivo axudar a dous dos sectores máis golpeados pola Covid-19. Se compras nos comercios que teñen unha caixa, non dúbides en pedir o teu boleto para participar no sorteo de cinco tarxetas de 200€.