- Será unha publicación que se enviará ás persoas interesadas todos os luns ás 11.00 horas
O Concello de Camariñas continúa promocionando MerCamariñas, a súa central de venta en liña para o comercio local. Este luns estrearon unha newsletter, unha publicación dixital onde se recollen os datos máis relevantes sobre os últimos produtos ofertados na plataforma.
Todas aquelas persoas interesadas en recibila no seu correo electrónico poden anotarse neste enlace. A periodicidade da newsletter será semanal, enviándose todos os luns ás 11.00 horas.