MerCamariñas vén de realizar a Holanda a súa primeira venta internacional

Calzados Silvia_Cedida.

A central de venta en liña do Concello de Camariñas, ‘MerCamariñas’, continúa a medrar e agora a plataforma, coñecida como o Amazon da Costa da Morte, vén de completar a súa primeira venta internacional, concretamente a Amsterdam (Holanda).

O produto, dous pares de zapatillas con caricaturas dos Beatles, foi vendido a través de ‘MerCamariñas’ pola tenda Calzados Silvia. O cliente holandés, contactado ao verificarse a compra, explicou que encontrou este calzado facendo unha busca a través de Google e que quedou encantando co servizo, asegurando que ía a gardar a web para facer futuras compras.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou “o potencial de ‘MerCamariñas’, que abre moitas portas ao noso comercio local, permitíndolles expoñer os seus produtos, que son de moita calidade, máis alá do noso municipio e, como acabamos de comprobar, chegando incluso fóra das fronteiras do país”. “Ogallá repitamos moitas destas compras”, afirmou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha