Isto supón a metade dos 60.000 dispoñibles. A cifra evidencia a excelente acollida cidadá desta iniciativa, que busca dinamizar o comercio de proximidade e apoiar o tecido económico dos concellos de menor poboación da provincia da Coruña.
O ritmo de adhesión foi extraordinario dende o primeiro momento: en apenas tres días, 31.113 persoas descargaron xa nos seus móbiles os bonos-desconto de 100 euros, dispoñibles para realizar compras nos máis de 900 establecementos adheridos dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.
En suma, o ritmo de consumo tamén está sendo considerable. Nas primeiras 72 horas consumíronse 1.210.000 euros en vendas nos establecementos adheridos a MercaNaVila.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que estas cifras «confirman o éxito dunha iniciativa pioneira que combina innovación, proximidade e compromiso co territorio». Engadiu que MercaNaVila «está a converterse nunha ferramenta eficaz para apoiar o comercio local e fomentar o consumo nos pequenos concellos, que son o corazón económico e social da provincia».