Mercar no comercio de Carballo volverá a ter premio

Mercar no comercio de Carballo entre o 20 e o 27 de outubro terá premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio da vila.

A Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración do CCA de Carballo poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.

Así, todos os clientes de Carballo que realicen compras no comercio de proximidade entre o 20 e o 27 de outubro, poden participar no sorteo en directo que se celebrará o xoves 27 de outubro, ás 13.30 horas na rúa Coruña con Praza Concello. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 10.00 horas nesta mesma ubicación.

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre outubro e novembro nun total de 10 localidades da provincia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha