Necesitaba reencontrarse coa vitoria o equipo de Fer Buendía e logrouno este sábado na casa fronte ao Baloncesto Basket Costa Artabra (BBCA). O Calvo Basket Xiria enchufouse a por o partido desde o minuto un, alcanzando a máxima renda de puntos no segundo cuarto cunha boa actuación de anotacións triplas de Lucas Álvarez, un libre e un rebote de Enrique Melini, pon aos carballeses 7 puntos arriba tras varias imprevisións do BBCA.
Todo estaba por decidir e dúas boas xogadas do visitante Pepe Moreno levaron a Brais a empatar en encontro (41-41) a pouco máis dun minuto para o descanso, pero aí apareceu Melini que tras un bo roubo de balón colocábase 45-41. De novo apertou o BBCA cun triplo de Pepe Moreno tras unha gran transición de Dordi, que obrigou a Fer Buendía a pedir tempo morto a 18 segundos do final do segundo cuarto e un marcador de 45-44, así se chegaría ao descanso.
Igualado terceiro cuarto con empate a 64 no luminoso e xa no cuarto tempo o equipo visitante deulle a volta ao resultado chegando a conseguir unha renda favorable de 6 puntos, 72-78 a 5 minutos para a conclusión do partido. Aí apareceu un gran Bruno Palloti anotando 2 libres e a mellor versión da defensa do Basket Xiria con Mamadou Diagne á fronte. A materialización dun triplo de Rubén Rey poñía o marcador 84-80 a falta dun minuto para o final. Dous libres máis de Palloti e un de Lucas Alvarez puxeron a guinda ao encontro no Vila de Noia, 87-82 para Basket Xiria, que suma a súa primeira vitoria nesta tempada.