Meritxell Batet volve a ser a presidenta do Congreso, Pilar Llop a do Senado


A deputada socialista por Barcelona Meritxell Batet repetirá como presidenta do Congreso da nova lexislatura, a XIV, ao obter 166 votos e superar a Ana Pastor, do PP, que sumou 140.

Foi necesaria unha segunda votación na Cámara xa que na primeira ningunha das candidatas obtivo a maioría absoluta obrigada, de 176 ou máis votos.

Batet, ao repetir como terceira autoridade do Estado, é a décimosegunda presidenta do Congreso desde que se instaurou a democracia.

Senado

A senadora do PSOE Pilar Llop foi elixida presidenta do Senado en segunda votación ao obter 130 votos na sesión constitutiva da Cámara Alta, é xuíza especializada en violencia machista e exerceu como Delegada do Goberno para a Violencia de Xénero entre xullo de 2018 e abril de 2019. .

A elección tivo que repetirse porque na primeira votación Llop quedou a un só voto dos 133 da maioría absoluta do hemiciclo e o Regulamento obriga a unha nova votación na cal xa resulta elixido o candidato mais votado.

Pío García-Escudeiro, proposto polo PP, logrou o respaldo de 109 senadores na votación secreta realizada mediante unha urna na cal os senadores van depositando as papeletas cos nomes dos seus candidatos.