Merixtell Batet fixa o debate de investidura de Pedro Sánchez para o 22 de xullo

1 minutes read
  • A primeira votación será o 23 e a segunda, o 25

Xa hai data para a investidura de Pedro Sánchez. A presidenta do Congreso, Meritxell Batet fixou o 22 de xullo como o día do debate para a investidura de Pedro Sánchez á presidencia do Goberno. A primeira votación será o día 23, e se non obtén a maioría absoluta requirida, o 25 de xullo repetirase a votación e neste caso, Sánchez necesitará unha maioría simple (máis síes que nons) para revalidar o seu cargo.

Batet sinalou que non falou con Sánchez sobre unha posible repetición electoral e confiou en que se forme o novo Executivo «canto antes». Pola súa banda, Pedro Sánchez declarou no seu perfil oficial de Twitter que «España necesita un Goberno cando antes para seguir avanzando cara á igualdade, a transición ecolóxica xusta, a dixitalización e o fortalecemento do proxecto europeo».

Por agora Pablo Iglesias dixo «non», segundo asegurou o PSOE tras a última reunión con Sánchez. Tampouco houbo éxito co PP e Ciudadanos, que actualmente seguen reiterando a súa resposta negativa.