Merkel cre «desafortunada» a intervención en Afganistán


Na súa visita ao presidente francés Emmanuel Macron, a chanceler alemá Angela Merkel criticou moi duramente o que cualificou de «desafortunada misión en Afganistán». Ambos están convencidos da necesidade de que Europa desenvolva a súa propia iniciativa estratéxica autónoma, especialmente tras a alianza militar anunciada polo Reino Unido, Estados Unidos e Australia. Merkel volverá a París nunha data aínda por definir e na que si será a súa despedida e celebrarase a súa acción en Europa e a calidade das relacións francoalemanas.
Macron recibiu a semana pasada por separado aos dous principais candidatos a ocupar a Cancillería alemá o socialdemócrata Olaf Scholz e o cristianodemócrata Armin Laschet (correlixionario de Merkel). Algo que serviu segundo o Elíseo, para ter unha análise sobre a situación en Alemaña para as eleccións federais do 26 de setembro, inéditas polo abandono da chanceler tras 16 anos.