Merkel recibe o premio europeo Carlos V polo seu legado en Europa


A chanceler alemá Angela Merkel foi galardoada co premio europeo Carlos V da Fundación Yuste pola súa longa traxectoria política ao servizo de Europa.

Merkel destacou o importante que é fortalecer a Unión Europea dentro do mundo: «Unha Europa soberana, innovadora e con capacidade de acción é o que necesitamos para facer valer os nosos valores e intereses no mundo porque os nosos valores son a base da nosa credibilidade para ter influencia e peso ante outros estados.»

Merkel suxeriu apostar por unha Europa «máis innovadora», pero tamén «máis autónoma» onde poidan tomarse decisións colectivas máis rapidamente que no pasado». Na entrega do premio tamén estiveron entre outras autoridades, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez e o líder da oposición, Pablo Casado.