Messi e Guardiola doan un millón de euros e Cristiano financia 35 prazas UCI

Leo Messi únese así a Pep Guardiola, Simeone ou o Real Madrid, estrelas e entidades que puxeron o seu graniño de area para axudar á adquisición de material sanitario naqueles centros onde escasea no medio da loita contra a pandemia. Messi, desde que se ordenou o confinamento estivo moi activo en redes sociais animando á xente para respectar as normas e, mesmo, sumándose a retos virales como o «dez toques challenge», consistente en dar toques a un rolo de papel hixiénico. O adestrador do Manchester City, Pep Guardiola, tamén doou este martes un millón de euros. Mentres Cristiano Ronaldo e o axente luso Jorge Mendes van custear o equipamento de 35 novas prazas para as Unidades de Coidados Intensivos de hospitais de Lisboa e O Porto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha