Os mestres do Colexio Hogar de Vigo traballan sen descanso para loitar contra o coronavirus. En apenas uns días fabricaron 21.000 máscaras e 4.000 pantallas protectoras. Neste labor colaboran ex-alumnos do colexio, voluntarios e 49 costureiras que traballan tamén de xeito altruísta. Elas rematan o cosido das máscaras dende as súas casas. Algunhas empresas cederon maquinaria e material para que o proxecto saia adiante. Todo o que se fabrica aquí vai logo para a Xunta de Galicia, as forzas de seguridade e as residencias de anciáns.
Mestres dun colexio vigués fabrican miles de máscaras e pantallas protectoras
Foto.- Cedida.