Meta anuncia que recortará outros 10.000 postos de traballo


A tecnolóxica Meta -propietaria de Facebook, Instagram e WhatsApp- anunciou este martes que vai recortar outros 10.000 postos de traballo nos próximos meses e abandonar plans para cubrir unhas 5.000 vacantes que tiña abertas. Os novos despedimentos chegan despois de que o pasado novembro Meta anunciase a saída duns 11.000 traballadores, ao redor do 13% do seu persoal, co obxectivo de reducir custos. “Isto vai ser duro e non hai forma de evitalo”, sinalou agora o máximo executivo da firma, Mark Zuckerberg, ao anunciar a decisión, que xustificou por un intento de facer a compañía máis eficiente.