Meta desactiva 1600 contas falsas prorrusas en Facebook


Meta, a empresa matriz de Facebook, desactivou unha extensa rede de 1.600 contas falsas que difundían propaganda rusa sobre a invasión de Ucraína en Europa occidental. Segundo META, a rede creou máis de 60 sitios web que imitaban a medios de información coñecidos como en británico The Guardian ou o alemán Der Spiegel, pero que se dedicaban a repetir a “información oficial” de Moscova. A farsa foi descuberta por un xornalista alemán, cando Meta empezou a investigar, deuse conta de que o sistema automático de Facebook xa eliminara algunhas desas contas.