Meteogalicia reforza a súa rede de observación cunha nova cámara web en Monforte

MeteoGalicia continúa reforzando a súa rede de observación por toda a comunidade. Desde agora está operativa en Monforte de Lemos unha nova cámara web, de tal forma que o organismo meteorolóxico xa dispón dun total de 27 repartidas polas catro provincias, 8 delas na de Lugo.

Estas cámaras web mostran información meteorolóxica do lugar como pode ser o estado do ceo, a temperatura ou o vento, polo que son un complemento moi útil aos datos das variables meteorolóxicas clásicas, xa que contribúen a mellorar a información subministrada á poboación a nivel local.

Así, tanto na páxina web como na aplicación de MeteoGalicia poden consultarse as imaxes obtidas por esta rede de visores web cada cinco minutos. Ademais, tamén está dispoñible unha animación do día en curso e da xornada anterior e inclúese un enlace coa vista que abrangue cada cámara.

A rede de observación actual compleméntase con modelos preditivos a varios días que permiten anticipar o comportamento atmosférico e oceanográfico. Todos os datos subministrados por esta infraestrutura publícanse na web de MeteoGalicia para garantir a súa accesibilidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha