Microsoft anuncia o despedimento de 10.000 empregados

O reaxuste de persoal afecta ao 5% dos seus 220.000 empregados, o que implica a eliminación duns 10.000 postos de traballo. Neste sentido, a multinacional indicou que levará a cabo esta redución de persoal durante os primeiros meses de 2023, terceiro trimestre fiscal para Microsoft, mentres que asumirá un impacto adverso extraordinario de 1.200 millóns de dólares (1.109 millóns de euros) nas súas contas do segundo trimestre fiscal, que dará a coñecer o próximo 24 de xaneiro. A empresa comunicou a través dunha nota aos seus traballadores, elaborada pola súa CEO Satya Nadella: «Estamos a realizar cambios que resultarán na redución da nosa forza laboral xeneral en 10.000 postos de traballo ata o final do terceiro trimestre do ano fiscal 23».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha