Miguel Corgos tomou posesión como conselleiro de Facenda e Administración Pública

1 minutes read

Miguel Corgos, o novo conselleiro de Facenda, tomou posesión do seu novo cargo ás 09:45 horas deste luns. Corgos é o substituto do recentemente falecido Valeriano Martínez. A súa elección representa unha aposta pola continuidade e polo perfil técnico. Foi director xeral de Orzamentos desde o primeiro Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Esa experiencia é un dos seus mellores avais. Nas súas primeiras declaracións, quixo facer unha lembranza a Valeriano Martínez, co que traballou os últimos sete anos. O novo conselleiro agradeceulle a Feijóo a confianza que depositou nel, ao seu equipo técnico e a súa familia. Afirmou que vai apoiar as consellerías que melloren o progreso da comunidade e garantirá a sustentabilidade financeira de Galicia.