Miguel Tellado seguirá como secretario xeral do PPdeG


Miguel Tellado seguirá sendo o número dous do Partido Popular de Galicia tras o congreso desta fin de semana. O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciábao en Twitter. Di que Tellado o axudou “durante cinco anos a dirixir o partido”. E dúas maiorías absolutas despois, Feijóo renova a súa confianza nel como secretario xeral. Tellado ostenta este cargo dende 2016, en que substituíu a Alfonso Rueda, e tamén exerce a portavocía dos populares galegos.