Mil nenas e nenos da man da Deputación a Riazor

A Deputación da Coruña distribúe un total de 1.000 entradas para o partido internacional que este venres, 4 de outubro, a partir das 21.30 horas, disputarán no estadio municipal de Riazor a selección española de fútbol feminino e a selección de Azerbaiyán.

Segundo explicou a deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, as entradas teñen como destinatarios os rapaces e rapazas das escolas e clubes de fútbol base da provincia, co obxectivo de que os máis novos podan presenciar en vivo «este gran espectáculo do deporte feminino».

Capelán instou aos afeccionados a «encher Riazor para apoiar á selección española e mostrar a todo o país o inmeso apoio da provincia da Coruña ao deporte feminino» nesta cita internacional, clasificatoria para o Campionato de Europa que se celebrará en 2021 en Inglaterra, que será emitida en directo pola 1 de TVE.

A deputada enmarcou esta acción nas políticas de apoio e promoción do deporte feminino da institución provincial, plasmada en feitos como a creación da Copa Deputación de Fútbol e a Bandeira de Traíñas feminina ou o impulso a accións de visibilización da muller no deporte coma o documental «Contra os elementos», promovido pola Deputación da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha