Miles de arxentinos protestan contra as políticas de Milei

Miles de persoas saíron este mércores ás rúas de Bos Aires e outras cidades da Arxentina na primeira folga xeral en máis de catro anos, convocada polo sindicato Confederación Xeral do Traballo (CXT) para protestar contra as políticas do presidente do país, o ultradereitista Javier Milei, pouco máis dun mes despois da súa investidura.

A xornada de mobilizacións, á que se sumaron outros sindicatos, grupos políticos e organizacións sociais, serviu para protestar contrar os plans de Milei de desregular a economía, acometer profundos recortes no gasto público, limitar o poder dos sindicatos e atribuír ao seu Executivo amplas facultades propias do poder lexislativo baixo o pretexto dunha emerxencia múltiple. O paro xeral tiña previsto alongarse ata a medianoite local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha