Miles de devotos honran a Nosa Señora do Carme en Fisterra

0 minutes read

Día grande de festa o vivido este sábado en Fisterra. Miles de persoas participaron nos actos lúdicos, festivos e relixiosos ao longo de toda a xornada. O vento tampouco quixo perder protagonismo, e ao igual que toda esta semana soprou con intensidade, ainda así, non foi quen de impedir unha vistosa procesión marítima. A banda municipal de Cee e ás orquestras America sl e Aramio, animaron unha xornada festiva que continúa este domingo co día da patroa da vila, Santa María das Areas.

Procesión do Carme en Fisterra.