Miles de manifestantes pediron en Madrid a abolición da prostitución


Máis de 175 organizacións feministas, 3.000 persoas segundo a delegación do Goberno, reclamaron este sábado en Madrid que o texto redactado polo movemento, a Lei Orgánica de Abolición do Sistema Prostitucional (LOASP), sexa “aprobado de forma urxente polo Congreso”. As medidas abolicionistas, que estaban incluídas no borrador da lei, quedaron fóra tras meses de negociacións entre os socios do Goberno. A portavoz da Plataforma Estatal de Organizacións de Mulleres pola Abolición da Prostitución, Rosario Carracedo, denunciou que as mulleres están “fartas” dunha sociedade “chea de puteros e proxenetas” e denunciou que o Goberno e os seus socios non teñen un compromiso coa igualdade.