Miles de migrantes apíñanse na fronteira de México con EE.UU.

Preto de 15.000 persoas fóronse  acumulando en México preto de varias partes da fronteira, como o valo do Paso, en Texas, fronte á mexicana Ciudad Juárez, onde foron detidos centos de migrantes que se apiñaban en polo menos dúas portas do muro. Esperan ao fin da política migratoria posta en marcha polo expresidente Donald Trump en 2020, durante a pandemia e que expulsou desde entón a 2,8 millóns de migrantes. Tras o seu vencemento, aplicarase o Título 8, a norma que historicamente rexeu a migración no país e, ademais, Washington anunciou novas medidas que restrinxen o acceso á solicitude de asilo na fronteira con México.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha