Desde primeiras horas da mañá, un ano máis, e xa van uns cantos, centos e centos de mozos e non tan mozos fóronse dando cita en Buño para asistir a unha das festas máis multitudinarias da Costa da Morte, o “Enterro da Mikaela”.
Dianas e alboradas pola mañán deron paso ao pistoletazo de saída pasada a 1 do mediodía coa sesión vermut, logo hora de repoñer forzas en Canta La Rana e de aí percorrendo os bares da localidade a ritmo de variedade de estilos musicais, bus disco móbil con djs, gogós, misa cantada e a raíña da festa – Mikaela – que desapareceu no medio das chamas pasadas as 11 e media da noite.

A velada continuou a ritmo de orquestra e discoteca móbil, non faltaron as bombas de palenque e os fogos artificiais, ademais tal e como se comproba nas imaxes este ano o tempo axudou de día e de noite e a asistencia de público foi masiva.