Miles de persoas acudiron este sábado en Sigüeiro a ‘O Pepotazo’, a maior festa pre-fin de ano de Galicia

O Concello de Oroso acolleu este sábado a terceira edición de O Pepotazo, o gran evento de pre-fin de ano que xa se consolidou como unha das citas máis esperadas do calendario festivo da comarca, organizado pola Comisión de Festas Barciela-Sigüeiro. Foi unha noite inesquecible con máis de nove horas de festa, música e diversión. O evento desenvolvíase de 21:00 horas a 06:00 horas, coa posta de pulseiras ata a 01:00, nun recinto pechado e vixiado, con carpa climatizada, zona chill out, foodtrucks, baños e servizo de gardarroupa, garantindo a seguridade e comodidade de todos os asistentes.

O escenario principal contou cun cartel excepcional que reunía a algúns dos artistas e formacións máis recoñecidas do panorama galego e nacional: Paris de Noia, Olympus, Kike Varela, David Bermúdez, DJ Son1c, DJ Rokiño, Traffic House e DJ Ferre. A combinación de música en directo, sesións DJ e ambientación especial facía que Sigüeiro vivise unha noite única, pensada para todos os públicos. A programación incluía tamén o popular sorteo de 2.000 pepotes, as badaladas de fin de ano, doces da sorte e numerosas sorpresas durante a noite.
Unha proposta que mesturou tradición, festa e modernidade, convertendo O Pepotazo nunha experiencia colectiva e inesquecible.

Related posts

Detectado un foco de gripe aviaria en ave silvestre en Oleiros

Alexandre Otero Iglesias e Bea Barroso Pérez gañan un moi concorrido e rápido Trail de Lousame

Un xabaril na pista obrigou este sábado a pechar o aeroporto da Coruña