Miles de persoas citáronse na Mikaela de Buño ao ritmo dos DJs que triunfan en Novahit

1 minutes read

Dj Roy, locutor, presentador, director e creador do programa World Hits que se emite todos os sábados na emisora carballesa de 23:00 a 00:00 horas, mantén un gran número de seguidores na Costa da Morte. Do mesmo xeito que o seu colega Drew korme, compartiron e comparten numerosas cabinas e festas. Outro dos elixidos foi dj Charlie e que ten miles de seguidores en toda Galicia nas súas sesións, así como no programa Italian Style que dirixe e presenta en Novahit de 21:00 a 23:00 horas desde hai case 20 anos, coa colaboración do tamén dj vigués dj Josi.

Xuntos e por separado reúnen a miles de mozos nas súas sesións cada fin de semana, os primeiros na zona de movida de Melide e os últimos na movida de Vigo e toda a provincia de Pontevedra. O certo é que este sábado volvérono a petar, case dez mil persoas, chegadas maioritariamente de diferentes puntos de Galicia nunha trintena de buses de reforzo, déronse cita este sábado en Buño para acudir a unha das festas máis consolidadas da Costa da Morte, o Enterro da Mikaela, organizada minuciosamente pola Asociación Os Amigos da Mikaela.

O bus-disco móbil volveu a ser, xunto coa Mikaela, a estrela dunha festa máis que animada. José Ramón Lago e a Orquestra Solara contribuíron a poñer o broche de ouro a unha xornada máxica. E é que… xa había ganas.