Miles de persoas citáronse un ano máis na Mikaela de Buño


A cita estaba servida e a climatoloxía respectouna, por iso e polas ganas de festa que había tras a represión pandémica, Buño volveu a ‘petalo’ e a Mikaela 2023 foi posiblemente a máis multitudinaria que se lembra nos últimos anos. tras a quedada e percorrido matutino polo pobo, Lito, da orquestra Panorama, foi o encargado de oficiar a misa cantada, antes da queima da Mikaela, que quedou reducida a cinzas no campo da festa. Pero ademais diso, boa parte de culpa de tanto ‘festón’ poida que teña nome de Dj.

Dj Roy, locutor, presentador, director e creador do programa World Hits que se emite todos os sábados na emisora Novahit de 23.00 a 00.00 horas, mantén un gran número de seguidores na Costa da Morte. Do mesmo xeito que o seu colega Drew korme, e que compartiron e comparten numerosas cabinas e festas. Outro dos elixidos foi dj Charlie e que ten miles de seguidores en toda Galicia nas súas sesións, así como no programa Italian Style que dirixe e presenta tamén os sábados en Novahit de 21.00 a 23.00 horas desde hai case 20 anos, coa colaboración do tamén dj vigués dj Josi. Xuntos e por separado reúnen a miles de mozos nas súas sesións cada fin de semana, os primeiros na zona de movida de Melide e os últimos na movida de Vigo e toda a provincia de Pontevedra.

Varios artistas máis, gogós, discoteca móbil, bus andante e o grupo La Cuarentena, completaron unha ampla xornada de festa ata altas horas da madrugada.