A Palma | Miles de persoas confinadas polos gases do volcán

Séguese moi pendente do volcán da illa canaria da Palma. Ao chegar ao mar, a lava formou un delta de polo menos 50 metros de altura, que «aos poucos vai gañando terreo ao mar». Tamén unha densa nube de vapor de auga e gases, que, segundo os expertos, non son un perigo para a saúde.

Un vulcanólogo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dixo que a cantidade de gases é pequena e dispersarase de forma «moi rápida». Con todo, por precaución, miles de veciños de Tazacorte e localidades próximas permanecen confinados nas súas casas ata que pase o peor.

Desde que entrou en erupción, fai oito días, o volcán Cumbre Vieja deixa unhas cifras desoladoras: a lava afectou a 744 edificios, dos que 656 quedaron destruídos, e cubriu unha superficie de 267,5 hectáreas e máis de 23 quilómetros de estradas.

Este martes, o Goberno español declaraba a illa da Palma como «zona catastrófica» e aprobaba unha axuda de dez millóns e medio de euros. Un anuncio moi esperado polos afectados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha