Miles de persoas déronse cita na Silva na tradicional Feira das Nenas 

1 minutes read

A localidade da Silva, en Cerceda, recibiu este domingo a varios centos de persoas que se achegaron para gozar da tradicional Feira das Nenas. As competicións ecuestres, as exhibicións de alta escola de Galicia e a ruta Cabalar reuniron desde primeira hora da mañá a multitude de afeccionados e amantes aos deportes equinos.

Como xa apuntara o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, o regreso deste tipo de eventos formou parte da recuperación da identidade deste evento que xa tiña lugar a mediados do século pasado. O rexedor quixo agradecer á comisión de Festas Espírito Santo da Silva e á Deputación da Coruña a súa axuda e colaboración para facer realidade esta Feira.

Pola tarde, baixo un sol radiante, presentouse a ‘Parella da Feira das Nenas 2023’ a cargo de Raquel Atanes e Juan Fuentes. Acto seguido o espectáculo co ‘Burro Marcial’. Ás 18:15 horas, exhibición de estilo libre con Paulo Martinho. Ás 20:00 horas, actuación do grupo ‘Unión y Fuerza’. Ás 21:00 horas actuación da orquestra París de Noia. Ás 23:00 horas, sesión de fogos artificiais e ás 23:30 horas, remate e peche da Feira das Nenas 2023 coa orquestra París de Noia.