Miles de persoas enchen as rúas de Compostela, convocadas polo BNG


A tradicional manifestación do BNG polo Día da Patria Galega volveu ás rúas de Santiago de Compostela tras o parón do pasado ano debido á pandemia de coronavirus. Miles de persoas desfilaron pola capital da comunidade ata a Praza da Quintana. Alí, a portavoz nacional, Ana Pontón, arrancou o seu discurso presumindo de Galicia como “un gran País” pola súa cultura, pola súa lingua, polos seus recursos e, sobre todo, “pola súa xente”, un pobo que demostrou do que é capaz co seu comportamento exemplar durante a pandemia. “Foi esa xente grande”, recalcou, -a que deu o mellor de si durante a crise, sobre todo na sanidade pública e nas residencias-, “a que fai a Galicia aínda máis grande”. Unha Galicia sen límites da man do BNG que tampouco se pon límites e que se presenta como a alternativa real e solvente para liderar o País.