A marcha comezou en Xove ás once da mañá, no apeadoiro de Feve, o lugar no que se cargan as placas de aluminio que saen da factoría, e rematou na praza do Concello. As expectativas dun acordo seguen en pé. A factoría de Alcoa é o motor económico do norte de Lugo e na mobilización de participaron alcaldes e veciños de case todos os concellos da bisbarra. Todos queren estar a carón dos traballadores nestes momentos de espera e tensa vixilia. O hipotético peche de Alcoa afectaría a 534 traballadores na factoría de San Cibrao, a preto de 400 en empresas auxiliares e a varios máis indirectos. En total, uns mil postos de traballo están no aire.