Miles de persoas piden a defensa do galego «pleno e íntegro»

1 minutes read

Miles de persoas abarrotaron a Praza do Obradoiro de Santiago neste luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, durante o transcurso dun acto convocado pola plataforma Queremos Galego para reivindicar o uso do idioma propio fronte ás políticas lingüísticas da Xunta. Múltiples colectivos sociais, sindicais e políticos secundaron esta protesta celebrada no centro neurálxico do centro histórico compostelán, onde soaron con forza as consignas: «En Galicia, en galego!». O acto estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, entre outros cargos de ambas formacións políticas.