Miles de «riders» protestan contra a súa conversión en asalariados


Os riders, como se chaman a si mesmos os mensaxeiros ou repatidores a domicilio autónomos que traballan con aplicacións móbiles (apps) en España, puxéronse en pé de guerra contra un Decreto-lei que aprobou este martes o Goberno que os converte en asalariados. O obxectivo do Executivo non é outro que protexelos fronte a posibles abusos das grandes plataformas dixitais para as que traballan.

«Dicimos, como dixo o Tribunal Supremo, que os traballadores e traballadoras que desempeñan a súa tarefa nas plataformas dixitais de calquera tipo, son laborais. E por tanto conlevan todas as marxes e dereitos que concita o estatuto dos traballadores. Todos e cada un deles. Dereitos de organización, de sindicación, dereitos de protección social e, por suposto, de cotizacións e salariais», explicaba a ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

Con todo, o punto de vista de moitos repartidores autónomos é moi distinto. Miles deles manifestáronse en nove cidades españolas. Moitos temen perder a única fonte de ingresos que se adapta á súa forma de vida.

A lei afecta a uns 30.000 repartidores a domicilio. O Goberno deu tres meses de prazo ás grandes plataformas dixitais para adaptarse á nova normativa.