Miles de voos cancelados por enfermidade das tripulacións

1 minutes read

Ómicron provocou a suspensión de máis de cinco mil traxectos en todo o mundo. A pandemia golpeou ao persoal das grandes aerolíneas durante os días de Noiteboa e Nadal, cando millóns de persoas viaxan para reunirse coas súas familias. Máis dun cuarto dos voos cancelados nestas datas tiñan como destino ou punto de partida Estados Unidos, onde os casos de covid 19 creceron un 50 % na última semana tras o irresistible avance de ómicron.

A alemá Lufthansa cancelou varios roteiros transatlánticos durante as vacacións do Nadal debido a un «aumento masivo» das baixas de enfermidade entre os seus pilotos. Outras aerolíneas internacionais como China Eastern e Air China, así como a aerolínea de baixo custo indonesia Lion Air e a estatal Air India tamén deixaron a miles de pasaxeiros en terra este nadal.