0
Francia faino en Polonia, nun campamento cuxa localización permanece secreta por motivos de seguridade. Os instrutores ensínanlles a combater nunha contorna urbana, con casas, coches, muros e entullos. Un adestramento moi útil dado o curso da guerra contra Rusia. Os soldados ucraínos reciben adestramento en moitos países da OTAN: no manexo de armas, vehículos blindados, tanques… Pero o exército ucraíno tamén realiza adestramentos intensivos no seu territorio. Os soldados loitan case a diario na fronte, e aproveitan as poucas pausas na guerra para mellorar as súas habilidades de combate.