Nunha chaira inglesa, en Salisbury, soldados do exército británico adestran ás forzas ucraínas para utilizar un canón lixeiro L119, para disparar obuses. Ata o de agora Gran Bretaña doaba a Ucraína vellas armas cun alcance ao branco de pouco máis de sete quilómetros. Agora as forzas británicas adéstranlles para disparar mísiles de longo alcance. Estes lanzacohetes poden alcanzar obxectivos a máis de 80 quilómetros de distancia. Centos de tropas ucraínas foron adestradas nas últimas semanas e miles máis recibirán adestramento. Gran Bretaña está a enviar mil millóns de euros en apoio militar a Ucraína, é o segundo maior contribuínte, despois de Estados Unidos. Tamén é un do únicos nove dos 30 membros da OTAN que cumpren o obxectivo da alianza de gastar o 2% do PIB en armamento e Defensa.
54