Milleiros de devotos compren coas tradicións do Día de Santa Minia

2 minutes read

Milleiros de persoas, non so de Brión senón de comarcas próximas como Santiago, Barbanza, Xallas e Ordes, ateigaron a contorna da capela de Santa Minia dende primeiras horas da mañá deste mércores, propio día de Santa Minia.

De feito, xa durante a noite do martes, Día de Vésperas, a carballeira estivo totalmente chea durante a tirada de fogos de artificio e o espectáculo de luz e son na capela de Santa Minia, así como durante o concerto da orquestra París de Noia. As visitas ao santuario comezaron ás nove da mañá e desenvolvéronse con colas, pero sen esperas máis aló dos dez minutos nos momentos baixos e de 20 minutos coincidindo coa celebración da misa solemne. Deste xeito, milleiros de devotos cumpriron coa tradición de bicar o sepulcro onde repousa a santa e pasar sobre el as típicas estampiñas de Santa Minia para que lles dean sorte durante todo o ano.

Coma en anos anteriores, e por razóns de seguridade, as candeas de ofrenda que traían os romeiros non foron depositadas na capela senón na casa reitoral, onde teñen lugar as misas. Unhas figuriñas de cera con formas de mans, brazos, cabezas, pernas… de acordo con aquela parte do corpo na que pidan a actuación de Santa Minia e que os devotos presentaran minutos antes diante da Santa, tras mercalos nos postos que rodean a capela.

Romaría con novidades

Para evitar sobrecargar a carballeira con actividades, o Concello de Brión mantivo os cambios de emprazamento que tan bo resultado deron en edicións anteriores. Así, as atraccións infantís trasladáronse ata a finca fronte ao centro social polivalente, de onde partían os máis dun cento de postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, queixos, xamón ibérico, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, pulseiras, velas, imaxes relixiosas, música, zapatos, xeados…, así como varios food-tracks. Así mesmo, as orquestras trasladáronse a una parcela próxima ás polbeiras, para facilitar a instalación dos palcos e evitar danos na carballeira.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?