Milleiros de persoas maniféstanse en Vigo en prol da sanidade pública


Vigo acolleu este xoves unha manifestación en defensa da sanidade pública. Milleiros de persoas saíron á rúa para demandar que se reforce a Atención Primaria con máis recursos e profesionais. Na marcha, convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, estiveron presentes o secretario xeral dos socialistas galegos e representantes do BNG. Baixo o lema ‘Salvemos la Atención Primaria. Recuperemos la Sanidad Pública’, os manifestantes partiron ás oito da tarde do PAC de Vigo, descenderon pola Gran Vía e Colón tras multitude de pancartas que amosaban que moitos viñan do Val Miñor, As Neves, Mondariz, Covelo ou Cangas para facer as súas reinvindicacións sanitarias que quedaron expostas nun manifiesto final co que pretenden presionar o Goberno galego para que as cumpla.