Milleiros de persoas reclaman en Viveiro solucións para a industria da Mariña


Foi nunha manifestación con protagonismo dos traballadores de Alcoa e Vestas, afectados por senllos ERE que poden deixar sen emprego máis de 600 persoas. Nesta marcha polas rúas de Viveiro, convocada polos sindicatos CIG, UXT e Comisións Obreiras, participaron alcaldes da comarca e representantes das principais forzas políticas. Os manifestantes reclaman máis implicación das administracións públicas para buscar solucións que eviten o peche da fábrica de aeroxeradores de Vestas en Viveiro, con 115 empregados, e da de Alcoa en San Cibrao, con máis de 500 postos de traballo directos en perigo.