Milleiros de persoas saíron as rúas contra a ‘especulación enerxética’

1 minutes read

Este domingo, con motivo do Día Mundial das Montañas, a Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 plataformas, colectivos e organizacións galegas, mobilizou unhas 2.000 persoas en diferentes localidades do país baixo o lema “Defendemos as montañas contra os gobernos e especuladores”. O propósito nesta ocasión foi resaltar o papel que a sociedade civil organizada veu xogando nos últimos tres anos na defensa das montañas e, en xeral, do territorio galego “fronte ao actual espolio eólico, logo de ser traizoada e abandonada polos goberno do Estado e da Xunta, que se puxeron ao servizo unicamente dos intereses do lobby enerxético”, afirmaron.