Minia Calvo, de Camariñas, seguirá unha tempada máis na primeira liña do Goldie Xiria Carballo Turismo. Minia integrouse moi ben tras a súa chegada na pasada tempada e seguirá a traballar duro para que as verdinegras acaden os seus obxectivos. Minia cóntanos: «Estou agradecida de que un ano máis se conte conmigo neste clube e afronto esta tempada con ilusión e ganas de aportar ao equipo para conseguir chegar aos obxetivos fixados.»
Raquel Gómez
A extremo carballesa, Raquel Gómez, seguirá unha tempada máis no Goldie Xiria Carballo Turismo. A súa aportación no bloque central da defensa xunto cos goles desde a esquina serán importantes para un equipo que se presenta con gañas de superarse.
Raquel dinos: «Estou contenta de poder seguir unha tempada máis formando parte do equipo e seguir mellorando tanto individual como grupalmente para chegar aos nosos obxectivos. Estou segura de que con dedicación seremos capaces de conseguilo.»
