38
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reclámalle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que rectifique con “lealdade, responsabilidade e coherencia” ao anunciar e xestionar as axudas de vivenda con fondos do Goberno e do Plan de Recuperación. Nunha visita ao Concello do Valadouro, José Miñones pediu “transparencia” na xestión en Galicia das axudas de ata 10.800 euros para a compra de vivenda que o Goberno pon ao dispor dos mozos en municipios de ata 10.000 habitantes, cuxa tramitación corresponde á Comunidade, e censurou que a Xunta anuncie estas medidas e outras como o bono alugueiro xove como propias “sen complementalas nin poñer un só euro” a pesar de que a vivenda é competencia autonómica, concluíu.