38
- Destacan as melloras na accesibilidade e na eficiencia enerxética das instalacións
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñoñes, desprazouse este martes a Corcubión para reunirse con membros do goberno local e axentes da Garda Civil, entre outros, e tratar varios asuntos de interese para o Concello.
Entre eses temas destaca o investimento de case dous millóns de euros para melloras en accesibilidade e eficiencia enerxética nas instalacións do cuartel da Garda Civil, así como os diferentes plans do fondo de recuperación dispoñibles, a intención de unir os paseos marítimos de Corcubión e Cee ou a necesidade de incorporar máis persoal ás forzas de seguridade da bisbarra.
Desde a corporación municipal agradecen a visita do delegado así como a súa «boa predisposición para atender todas as nosas demandas».