Minuto de silencio contra a violencia machista en Carballo

dpm.

Cun minuto de silencio na entrada da sede do Concello, o goberno e persoal do Concello de Carballo quixeron mostrar a súa repulsa diante do asasinato machista de Clara María Expósito Vilanova ao tempo que fixeron un chamamento para sumar forzas para poñer fin á violencia contra as mulleres.