Minuto de silencio na comarca en memoria das vítimas do Covid-19

Concentración en Malpica. Foto.- Cedida.

Os concellos da Costa da Morte uníronse este mércores, en situación de loito oficial en todo o Estado, nunha concentración ás 12 do mediodía nas rúas e prazas dos seus concellos. Corporacións locais, funcionarios/as e veciñanza concentráronse gardando un minuto de silencio polo falecemento de todas e cada unha das persoas que provocou a pandemia da Covid-19, expresando as súas condolencias ás súas familias e amizades, nun emotivo recordo a todas e todos eles. 

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, estivo presente xunto aos traballadores/as municipais no minuto de silencio en recordo das persoas falecidas polo coronavirus.
Concentración de membros da Corporación e funcionarios/as na Praza do Concello de Carballo. Foto_ Concello de Carballo.