Minuto de silencio na Laracha e Malpica polas vítimas do incendio de Valencia

1 minutes read

A Laracha quixo lembrar ás vítimas do incendio do edificio de 138 vivendas, que ascenderon a dez tras localizarse este sábado un novo corpo. Gardouse un minuto de silencio na praza do Concello á que acudiron veciños, representantes dos servizos municipais e autoridades políticas.

Lembramos que un edificio de vivendas do barrio de Nou Campanar, en Valencia, foi pasto das chamas o pasado xoves día 22 a causa dun incendio de grandes proporcións. O lume foi devorando ao longo da tarde as 14 plantas que compoñían o bloque, deixando ademais de dez mortos, varios feridos no suceso.

Membros da corporación municipal de Malpica e traballadores do Concello concentráronse tamén este luns na Praza de Villar Amigo para gardar un minuto de silencio en solidariedade con Valencia.