40
Os amigos dos mozos desaparecidos o luns pasado cando navegaban en kaiak pola costa de Porto do Son quixeron homenaxealos improvisando un pequeno altar e gardando un minuto de silencio, que contou coa participación das familias de Xabier e Miguel.
Os dous mozos continúan sen localizarse dende o luns despois de que saíran a navegar en kaiak cunha amiga pola praia de Cabeiro, en Porto do Son. A embarcación envorcou e só a moza puido chegar a terra.
Os familiares non desisten na súa busca pola zona na que se produciu o naufraxio, pero tamén agradecen o cariño e o ánimo da rapazada e dos veciños de Noia.