Minuto final. Bloqueo total

O bloqueo imponse no debate electoral celebrado este luns. Sánchez mantén a distancia con Iglesias e evita comprometerse cunha coalición de esquerdas. As dereitas enfróntanse polo mesmo electorado, con Casado ofrecéndose como alternativa. A crise catalá convértese en arma arreboladiza que condicionará a investidura.

· Santiago Abascal. Aproveita o minuto final para propoñer ilegalizar os partidos secesionistas, unha rebaixa fiscal, medidas para reducir a inmigración ilegal, «transformar» as autonomías, recuperando sanidade e educación para o Estado para poder pagar as pensións, e defender a liberdade fronte a «ditadura progre». Termina cun «boas noites e viva España».

· Albert Rivera fai un discurso que comeza cun «Claro que se pode» e interpela os cidadáns que loitan contra as adversidades, en diferentes circunstancias. E pídelles o voto así: «Se es liberal, vota liberal, se es de centro, vota centro. Vota con ganas, coa cabeza e co corazón. Vota Ciudadanos».

· Pedro Sánchez: «Imos votar porque non era certo que non había un pacto cos independentistas nin coa dereita, como din Casado e Iglesias. O PSOE non vai comprometer a unidade de España. O PSOE defende a cohesión social e terriotorial. Non hai nada máis forte que a verdade, queremos un goberno forte e estable».

· Pablo Casado: «Quero liderar un goberno que non lle trema o pulso cos independentistas ou ante a crise económica. Que impulse a xente nova cun emprego de calidade. Quero ser o presidente para desbloquear a situación co espírito de España Suma. Só PP pode gañarlle ao PSOE e gobernar. Unamos os nosos votos»

· Pablo Iglesias cre que a xente está farta dos minutos de ouro, así que lle dá a voz a unha moza de 28 anos que traballa «de algo diferente ao que estudou», que quere emanciparse, que é discapacitada, e que vive en Valencia. «Pode haber un goberno que defenda a xente. Si se pode», conclúe o líder de Unidas Podemos e termina o debate. 

Porcentaxe de popularidade tras o debate ás 2 da madrugada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha