Minutos de silencio por Gaza na Laracha

Minuto de silencio por Gaza no Edificio Administrativo da Laracha.

O Concello da Laracha sumouse á convocatoria da FEGAMP para simbolizar a solidariedade co pobo palestino e condenar a ofensiva militar en Gaza e o bloqueo humanitario de Israel.
Para facilitar a participación da cidadanía, persoal municipal e membros da Corporación, gardáronse minutos de silencio nas que actualmente son as dúas principais sedes municipais: o Edificio Administrativo da Laracha e o viveiro de empresas do polígono industrial.

Minuto de silencio por Gaza no viveiro de empresas do polígono industrial da Laracha.

Related posts

A mostra de cine Amal en Ruta volve a Carballo para achegar a situación do pobo palestino

O BNG acusa ao PP da Xunta de deixadez e inacción para solucionar os asolagamentos da lagoa de Traba de Laxe

A nova campaña de Aceites Abril céntrase, entre outros, no Entroido da parroquia carballesa de Oza