Miquel Iceta presidiu o Pleno do Consello Xacobeo

1 minutes read

O ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, presidiu a reunión do Pleno do Consello Xacobeo que tivo lugar en Santiago de Compostela. Entre os asuntos tratados durante o encontro, fíxose unha valoración das actividades realizadas con motivo do Xacobeo 2021-2022, un Ano Santo especial que conclúe este mes de decembro e, que durou dous anos por motivos sanitarios. O Programa Oficial de Actividades contou con máis de 200 proxectos, impulsados tanto polas administracións que forman parte do Consello Xacobeo, como por entidades privadas e da sociedade civil. Varios destes proxectos realizáronse en colaboración entre varias administracións do Consello Xacobeo. Así puidemos gozar de variadas actividades de carácter cultural e tamén se realizaron accións orientadas ao turismo.